Friday 17 de May de 2024

O goberno local formúlase crear un taller de formación dirixido a desempregados enfocado ao sector téxtil


O taller de Corte e Confección, o de maior éxito das actividades de Encontro e Lecer

O goberno local formúlase ofertar un taller específico de formación en patronaje dirixido a desempregados para que teñan maiores posibilidades laborais no sector téxtil. En Cambre, a demanda deste tipo de formación aumentou de forma significativa nos últimos meses. Un bo exemplo diso obsérvase no número de persoas inscritas nun dos talleres do Programa de Actividades de Encontro e Lecer 2014-2015. En concreto, o obradoiro de Corte e Confección que se desenvolve na Barcala ten unha longa lista de espera. En principio, estes talleres, organizados polo departamento de Servizos Sociais, teñen como obxectivo principal ampliar as posibilidades de participación e integración social, previr situacións de risco, promover espazos de encontro e fomentar a vida activa. Non obstante, taller de Corte e Confección non só está a cumprir esta función social, senón que estase a converter nunha actividade formativa que mesmo está a servir de trampolín para o mercado laboral. E é que o concello constatou que dúas das veciñas inscritas no taller de Corte e Confección encontraron traballo mentres realizaban o curso. Segundo a edil de Servizos Sociais, María Jesús González Roel, nesta edición o programa integra 13 actividades entre as que están a destacar polo seu alto número de inscricións as interxeracionais como son “Cocinga en frío” e “Costura Expresa”. “Sabemos que dúas persoas que realizaban este taller de ocio xa foron requiridas para traballar nuns talleres de corte e confección nun municipio próximo e isto alégranos profundamente aínda que este taller non fose concibido nun principio para formar a desempregados”, apunta González Roel. A concelleira de Servizos Sociais, asegura que estes talleres non estaban dirixidos a persoas desempregadas, pero grazas a este curso tiveron acceso a unha formación básica en patronaje que foi efectivo. “Este ano converteuse nun taller de éxito só son 4 horas á semana de clase”, explicou Roel.